A Moniña
somdogalpom
yahoo.es
692235217 (xurxo); 697966094 (brais); 661316518 (gael)
Funk / Rap / Reggae
Biografia Som do Galpom 2009
Acabamos de cumprir 3 anos dende a formación do grupo e que mellor xeito de celebrar o aniversário xunto ca inminente saída do noso primeiro disco "Em terra de ninguém". Todo comezou un día do inverno de 2005 metidos nun galpón dunha aldea chamada A Moninha, que está perto de Compostela, pero puidera ser calqueira outro lugar.
O realmente importante do proxecto que argallabamos naquel intre, e que nos trouxo aqui, foi toda a ilusión ca que traballamos arreo dende o comezo; e que todo ese esforzo estivese encamiñado a crear un son própio de horizontes verdadeiramente descoñecidos para nós. A idea inicial era a de fusionar diferentes estilos musicais dándolle moita importancia á mensaxe que queríamos transmitir. Queríamos facer unha música tocada por nós fuxindo de arranxos electrónicos que tan de moda están na actualidade. Os nosos temas teñen un pouco de funki, un pouco de reggae e un pouco de rap, entón lle chamamos funki-reggae-rap!; orixinal, non ?!
Por outro lado, sempre tivemos moi claro que a mellor maneira de chegarlle á xente era tocando moito e con esa premisa chegamos a dar, nada menos, que 104 concertos en dous anos e médio. Dende o primeiro día a aceptación do público foi incrible e cada concerto fixo que medráramos para dar o mellor de nós... inda seguimos ca mesma teima e pensamos que Som do Galpom é un grupo de directo; e o directo, un bó lugar onde poder desfrutar da música que facemos.
E logo o tempo seguiu o seu curso natural con máis ensaios e máis quilómetros de estrada nas costas. Pasamos por moitos lugares e de todos gardamos algún recordo e en cada parada que fixemos no camiño aproveitamos para gravar as nosas primeiras inquedanzas musicais en diferentes estudos de gravación ( Savia Records, Radiogalega, Onirama estúdios...). Ao mesmo tempo deunos por participar en concursos para grupos non profesionais ( Certame musical Terra e Língua, Galiza Crea, Nsaio no camiño, Fundation reggae festival...) e todo foi moi ben. De feito, a gravación deste primeiro disco é parte do premio que supuxo gañar o certame musical Nsaio no camiño 2008. Por certo, o audio foi gravado, mezclado e masterizado nos estudos Casa de Tolos durante o Xaneiro de 2009.
Agora comeza unha nova época que nos levará a lugares máis lonxanos ( Península ) e aos que temos máis perto ( Galiza ). Unha nova etapa e un novo espectáculo ca ilusión renovada despois de estar máis de catro meses sen tocar en directo.Estamos fervendo por voltar ao escenário e amosar este disco que levaremos baixo o brazo a partir de mediados de Marzo. Agardade por nos que xa non falta nada para vernos as caras de novo.
Nengunha clara, os nosos gustos varian moito, pero soemos escoitar musica na que non abunda a distorsión...ESTAMOS EN TERRA DE NIMGUÉM!
Gael de Esteban Bassave, voz e letras
Brais de Esteban Bassave, violino e composición da música
Xurxo García Climent, guitarras clásica e eléctrica
Alejandro Castro Garea, baixo e coros
Aitor García García, batería

| Canción | Duración | Info | Escoitas | Votos | Descargas | Descargar |
| escoitar quedamos nesa praza | 03:27 | 64 |
3/5 (7 votos)
|
19 | ![]() |
acoruñason dixo:
ACoruñaSon10:
Canción orixinal en galego.
Aberto prazo até o 2 de maio.
Abertas votacións até 2 de maio.
Ver bases: http://acorunason.eu/bases/
http://acorunason.eu
14.04.2010 18:52
06.02.2009 18:02
champu dixo:
Heiiiiii
Ola, non esquezas pasar pola nosa páxina para ver os nosos videos e as nosas cancions.
Unha aperta.
Vemonos mañan ou calquera outro día.
Champurrada
16.01.2009 15:38
intercoles dixo:
grandisimo grupo!vimosvos o veran'o8 nun festival en Dodro,moi bo son!ides chegar moi lonxe!un saudo antr'as coles
06.01.2009 17:05
Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.
03.03.2009
HOXE SAIU O NOSO PRIMEIRO SINGLE DO DISCO "EN TERRA DE NINGUÉM", PODEDES OILO NESTA MESMA...
29.01.2009
Non sei canto tempo poderemos resistir... o ambiente vaise cargando... os ánimos cada vez están...
23.01.2009
Seguimos vivos polo momento pero non prometemos nada. O disco segue o seu percorrido e os temas van...