Novas
COMUNICACIÓN
Comparte connosco a túa actualidade e nós partillámola co exterior
26/02/2009
Dende a xestión da páxina facemos un chamamento aos grupos rexistrados no portal web para explotar xuntos todo o potencial comunicativo que ofrece este sobranceira iniciativa chamada Nsaio.org.
Dende a xestión de Nsaio.org queremos convidar aos grupos a comunicarse directamente connosco mediante o noso enderezo aodia
nsaio.org que está á vosa disposición para calquera dúbida que teñades sobre o funcionamento da páxina web. Ademais, queremos lembrarvos que estamos abertos a que nos informedes das novidades que ides subindo ao voso espazo, tales como novas e axenda.
Isto é así porque o constante crecemento do volume da páxina fai cada vez máis difícil estar ao par no momento axeitado das novidades que ides introducindo. Anunciándonolas por mail teredes a seguridade de que aquela información que, por interese, podería figurar na portada de Nsaio.org vai rematar aparecendo alí.
Até o de agora son moitos os músicos que usaron Nsaio.org como un medio de relación entre eles, mais agora animámosvos a que o teñades en conta como unha ferramenta para a vosa promoción no exterior. Se vos decidides a adoptar este plantexamento lembrade, unha vez máis, que aodia
nsaio.org está ávida da vosa actualidade para partillala cos usuarios da páxina mediante a portada.
Compartir
Compartir noticias serve para que outros usuarios da rede poidan ver as noticias ou informacións que a ti che pareceron interesantes. Para isto existen certas webs, alleas a Nsaio, que teñen por natureza a de compartir, valorar, comentar ou gardar calquera información que chamou a atención dos seus usuarios.
Chuza!: punto de encontro onde os internautas galegos fan a súa propia escolma de información. Ademais, son os propios usuarios os que valoran as historias enviadas, coméntanas e deciden se publicalas na portada principal.
Menéame : esta web en castelán tamén recolle a información que os usuarios consideran interesante. As noticias enviadas poden comentarse e votarse, ordenándose de acordo con estas votacións: as máis aceptadas móstranse na portada.
Del.ici.ous: gardar información de interese atopada en internet e clasificala por temas é moi sinxelo con esta ferramenta. Con ela podes engadir as páxinas que normalmente se gardan en «favoritos» do noso navegador, ordenándoas en categorías mediante etiquetas ou tags para compartilas con outras persoas.
Yahoo!: igual que Del.icio.us, o famoso buscador permite gardar e compartir os nosos favoritos na rede mediante un sistema de tags. Tamén deixa almacenar os datos de contacto persoais ou profesionais.
Technorati: para procurar información en blogs, Technorati é a mellor ferramenta: trátase do maior indexador do mundo de contidos publicados en bitácoras. Con ela podes saber, sen necesidade de te rexistrares, cales son as noticias e as historias que interesaron máis aos blogueiros.
Domelhor: formato similar a Chuza! nado en Portugal, de organización non-xerárquica de información, usado polos internautas do ámbito lusófono.